miércoles, 3 de diciembre de 2025

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  Hoxe foi o "Día das Persoas con Discapacidade" e no noso cole quixemos recordar un día tan especial con calcetíns de diferentes cores que representan os distintos tipos de discapacidade: cor azul para as enfermidades mentais, vermello para as discapacidades motoras, verde para as discapacidades sensoriais...

Grazas a todas as familias pola súa colaboración!












Despois do recreo, os nenos e nenas maiores do cole convidáronnos a acudir á biblioteca onde nos leron un bonito texto lembrándonos valores indispensables para vivir respectando todas as diferencias. Logo, vimos xuntos un par de cortos cos que concienciarnos un pouquiño sobre o tema.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...