Para conmemorar o Día do Libro, o cole organizou na biblioteca o seu habitual "mercadiño", no que os nenos e nenas puideron elexir un conto para levar para casa e darlle así unha "nova vida".
Na hora de ler, organizouse outra actividade: "O apadriñamento lector". Os grandes leron ós máis pequenos. O tempo acompañou e todos desfrutamos da lectura ó aire libre!
Esta semana, contamos ademais coa visita de Anxo Moure, escritor e contacontos. Anxo ofreceunos un divertido obradoiro de Animación á Lectura.


























