viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN!

 Hoxe para celebrar o Samaín no cole, a biblioteca converteuse nun lugar do máis terrorífico!!!

Por quendas, todos os cursos puideron visitala.

Así lucía a nosa exposición de cabazas!

Moitas grazas as familias pola súa colaboración.




lunes, 25 de octubre de 2021

CONMEMORAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Para conmemorar o Día da Bibliotecas Escolares vimos, cada un na súa aula, o vídeo e as fotos que nos enviou Firuca. Este ano convidounos a investigar a nosa contorna e coñecer un pouquiño máis os lugares marabillosos que nos rodean.
Arranca así un novo proxecto no centro: "Firuca e a contorna".







sábado, 23 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas Escolares 2021 - Proxecto “FIRUCA E A CONTORNA”


Ola a todos e todas! 

O 24 de Outubro se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares 2021 e para celebralo, xa que non nos podemos xuntar coma todos os anos, compartimos con vós este vídeo que nos envía Firuca para animarnos a comezar unha nova andaina. Nesta ocasión pídenos investigar sobre a nosa contorna e convídanos a averiguar todo o que poidamos do noso concello e os lugares fermosos que acolle.

Esperamos que sexa do voso agrado!

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o Día do Libro organizouse un pequeno "Mercadiño de Libros" na biblioteca do cole. Todos os nenos e nenas puidero...