martes, 25 de octubre de 2022

SAMAÍN!

 Hoxe celebramos o Samaín no cole!

Os corredores levan días ambientados para a ocasión.





Coma sempre, montamos tamén a nosa exposición de cabazas decoradas polas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración!






Aquí nos tedes a todos vestidos para a ocasión!

4º Infantil

5º Infantil

6º Infantil

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

E como é tradición... pasamos polo Túnel do Terror!









Para rematar a celebración, coñecemos as cabazas gañadoras da exposición.
A máis terrorífica, a máis orixinal e a máis divertida!


Noraboa rapaces!



lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Despois de dous anos de restricións por causa da covid, xa podemos por fin reunirnos todos na biblioteca do cole para ler, facer sesións de contacontos, actividades, conmemorar días especiais...

Hoxe celebramos o Día da Bibliotecas Escolares!

Coñecemos ós que serán os axudantes e axudantas bibliotecarios deste curso...

E recibimos unha carta de Firuca, que o alumnado de 6º de primaria se encargou de lernos.

Este ano a nosa amiga convídanos a coñecer hábitos saudables e investigar sobre o mundo do deporte.


Arranca así un novo proxecto no centro:

"En forma con Firuca!".
E para celebralo, Firuca regalounos este estupendo marcapáxinas.
Grazas Firuca!

lunes, 17 de octubre de 2022

XXI CONCURSO ESCOLAR TEATRO LIDO XOSÉ MANUEL EIRÍS

Os nenos de 5º de primaria, presentáronse ó concurso de teatro lido que organiza o Festival Internacional de Outono de Teatro.

Aquí os tedes!

viernes, 14 de octubre de 2022

MAGOSTO!

 Para celebrar o magosto organizamos xogos populares para todos os nenos e nenas do cole!











Logo tocou repoñer enerxías.
Castañas asadas, que ricas!







E para rematar este día de festa... desfrutamos dunha exhibición de peonzas!



DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o Día do Libro organizouse un pequeno "Mercadiño de Libros" na biblioteca do cole. Todos os nenos e nenas puidero...