lunes, 18 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na biblioteca da vida e obra desta periodista e escritora.

Tamén disfrutamos dun divertido xogo de pistas que preparou Iván, o profe de Educación Física. Neste xogo había que ir resolvendo preguntas sobre a autora homenaxeada. Todos os nenos e nenas do cole participaron repartidos en equipos mixtos que mesturaban idades.

Cada equipo tiña un mapa para orientarse e atopar as 10 pistas agochadas polos arredores do cole.

Cando atopaban unha pista, os nenos tiñan que entregala ós profes, que lles facían unha pregunta sobre a autora: Begoña Caamaño. Si acertaban a pregunta, gañaban unha peza de puzle. 


O obxectivo era conseguir todas as pezas para completar o puzle e gañar o xogo!










Este foi o equipo gañador.

Noraboa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...