lunes, 18 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na biblioteca da vida e obra desta periodista e escritora.

Tamén disfrutamos dun divertido xogo de pistas que preparou Iván, o profe de Educación Física. Neste xogo había que ir resolvendo preguntas sobre a autora homenaxeada. Todos os nenos e nenas do cole participaron repartidos en equipos mixtos que mesturaban idades.

Cada equipo tiña un mapa para orientarse e atopar as 10 pistas agochadas polos arredores do cole.

Cando atopaban unha pista, os nenos tiñan que entregala ós profes, que lles facían unha pregunta sobre a autora: Begoña Caamaño. Si acertaban a pregunta, gañaban unha peza de puzle. 


O obxectivo era conseguir todas as pezas para completar o puzle e gañar o xogo!










Este foi o equipo gañador.

Noraboa!


jueves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, o cole organizou na biblioteca o seu habitual "mercadiño", no que os nenos e nenas puideron elexir un conto para levar para casa e darlle así unha "nova vida".












Na hora de ler, organizouse outra actividade: "O apadriñamento lector". Os grandes leron ós máis pequenos. O tempo acompañou e todos desfrutamos da lectura ó aire libre!










Esta semana, contamos ademais coa visita de Anxo Moure, escritor e contacontos. Anxo ofreceunos un divertido obradoiro de Animación á Lectura.







lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER

 Para conmemorar o Día da muller Traballadora, reunímonos na biblioteca profes, nenos e nenas. Relacionamos esta data sinalada coa temática do noso proxecto: "A Sostibilidade", e cada ciclo, deu a coñecer unha muller importante que axudou ou axuda a lograr un mundo máis sostible.

Raquel García, Jane Goodall, María Vinyals, María de los Ángeles Alvariño...










DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...