Hoxe conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero, que é mañá (25 de novembro). Comezamos a xornada reuníndonos na biblioteca todos os nenos e nenas do cole. Alí escoitamos o manifesto que leron os alumnos e alumnas de 6º de primaria.
Despois vimos todos xuntos a película de "Aimbo. La guerrera del Amazonas".
Ademais, o alumnado de Infantil coloreou e pegou bolboretas lilas, rosas e moradas polos corredores do centro, como símbolo de liberdade para a muller.
O alumnado de primaria construíu, con caixas de cartón e debuxos, un muro xigante contra a violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario