viernes, 3 de noviembre de 2023

MAGOSTO E SAMAÍN!

 Hoxe celebramos o Samaín e o Magosto no cole!

Grazas á colaboración das familias, un montón de cabazas orixinais, simpáticas e terroríficas, adornaban os corredores.






E aquí nos tedes a nós, vestidos para a ocasión!










Como todos os anos, tocou pasar polo "Túnel do medo". Este ano con Firuca na porta como directora de cine!












Logo, para repoñer enerxías... Preparamos un estupendo magosto.
Castañas asadas para todos!







E para rematar esta celebración, non podía faltar a entrega de premios do consurso de cabazas.

A máis terrorífica, a de Dani (2º de primaria)

A máis cinematográfica, a de Noa (5º de primaria)

E a máis orixinal, a de Antía (5º de infantil). Que estaba hoxe maliña e recolleu o premio a súa profe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria, fixo unha pequena exposición na biblioteca coa que nos...