miércoles, 20 de diciembre de 2023

BO NADAL!

Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Comezamos o día desfrutando de varias actuacións que se levaron a cabo na biblioteca. Os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron cancións navideñas. O alumnado de primaria, interpretou e entonou diversas pezas musicais e panxoliñas.

5º Infantil

6º Infantil

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

Despois houbo entrega de premios polo concurso de postais navideñas.
Román (6º primaria) foi o gañador. E como finalistas temos que nomear a Noa (5º primaria), Valentina (3º primaria) e Mateo (4º infantil). Este último, que non puido vir,  representado pola súa titora.


Para rematar este día de celebración viaxamos a Laracha para desfrutar dunha obra teatral que nos encantou: "Pinoccio".




A saída agardábanos unha sorpresa... A visita de Papá Noel!
Que repartiu caramelos a todos os nenos e nenas.


lunes, 4 de diciembre de 2023

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  Onte (3 de decembro) foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por iso hoxe fixemos un pequeno acto na biblioteca do cole. Alí reunímonos todos os nenos e nenas do centro para escoitar unhas palabras e un pequeno poema que recitaron algúns alumnos e alumnas de primaria.

Despois, ó ritmo da canción de Alaska: "A quien le importa lo que yo haga, a quien le importa lo que yo diga..." bailamos todos xuntos cunhas gafas postas, as "gafas da inclusión", coa esperanza de que nos fagan respectar e ter en conta a diversidade.



DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o Día do Libro organizouse un pequeno "Mercadiño de Libros" na biblioteca do cole. Todos os nenos e nenas puidero...