lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Despois de dous anos de restricións por causa da covid, xa podemos por fin reunirnos todos na biblioteca do cole para ler, facer sesións de contacontos, actividades, conmemorar días especiais...

Hoxe celebramos o Día da Bibliotecas Escolares!

Coñecemos ós que serán os axudantes e axudantas bibliotecarios deste curso...

E recibimos unha carta de Firuca, que o alumnado de 6º de primaria se encargou de lernos.

Este ano a nosa amiga convídanos a coñecer hábitos saudables e investigar sobre o mundo do deporte.


Arranca así un novo proxecto no centro:

"En forma con Firuca!".
E para celebralo, Firuca regalounos este estupendo marcapáxinas.
Grazas Firuca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Mañá é o Día das Letras Galegas, así que hoxe tocou celebralo no cole. Este ano, un día tan especial, está dedicado as nosas Cantareiras! R...