martes, 25 de noviembre de 2025

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe foi o Día Contra a Violencia de Xénero, e para conmemoralo, relacionamos un día tan sinalado coa temática do proxecto de centro (a sostibilidade). Asi é como entre todos demos vida á "Fraga da Non Violencia". Cada ciclo ocupouse de decorar unha árbore que nos recorda valores importantes.






Todas estas árbores decoran agora os corredores do noso cole.

Reunímonos na biblioteca para escoitar ós nosos compañeiros de 6º de primaria, que fixeron unha presentación de cada unha das árbores, leron unhas palabras e recitaron algúns poemas reclamando valores como a igualdade, a tolerancia, o respecto...





Ana, unha compañeira de 3º de primaria, cantou unha fermosa canción a capela.


Ademais, visitounos Cris de Caldas para agasallarnos cunha divertida sesión de contos: "Contos en Lila". E lembrarnos a importancia dos valores que se reclaman neste día.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

BO NADAL!

Este ano, para celebrar a chegada do Nadal, fixemos unha pequena excursión ó Centro Social da Laracha, onde desfrutamos dunha bonita obra te...