jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe foi o Día das Bibliotecas Escolares. Firuca (a trasna da nosa biblio) sempre elixe este día para presentarnos o tema do proxecto que o cole traballa en común durante todo o curso. Este ano, en homenaxe ós 40 anos que cumple o centro (inaugurouse no 1985), imos coñecer...
"Os anos 80"
Aquí tedes unha Firuca ben "Ochentera"


Por todo isto hoxe ó chegar ó cole atopámonos cunha sorpresa... Os profes convertidos en deportistas dos anos 80!




Ademais as paredes das escaleiras estaban decoradas con banderíns e unha exposición chulísima de fotografías da época. Puidemos ver cales eran os xogos e xoguetes daqueles tempos, os debuxos animados e programas que se emitían, os libros, a moda, a música, as profesións...







Despois do recreo tivo lugar a inauguración da nosa biblioteca e nela reunímonos todos os nenos, nenas e profes do centro.


Primeiro escoitamos xuntos a mensaxe que todos os anos nos envía Firuca para presentar o tema do proxecto que nos ocupará durante o curso: "Os anos 80".



Logo vimos un pequeno vídeo explicativo da época e outro con cancións e debuxos daqueles tempos...



Por último, coñecemos ós axundantes bibliotecarios deste curso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, 3 de decembro, foi o Día das Persoas con Discapacidade. Por iso, todos os nenos e nenas do cole fixemos un pequeno acto na biblioteca...