jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Hoxe conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luisa Villalta.

Reunímonos na biblioteca, que por certo, adornamos para a ocasión cun montón de bandeiriñas que nós mesmos decoramos con debuxos e palabras en galego.





Os nenos e nenas máis grandes do cole (6º de primaria) presentaron unha pequena exposición coa que coñecemos datos interesantes sobre a autora homenaxeada e a súa obra.




Despois, desfrutamos da música da nosa terra. Algúns grupos tocaron, cantaron e interpretaron pezas populares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria, fixo unha pequena exposición na biblioteca coa que nos...