viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO!

 Chegou o Entroido! Este ano dedicado a nosa contorna!

Aquí tedes ós nenos e nenas de Infantil convertidos en coelliños.





Ós nenos e nenas de 1º e 2º de primaria simbolizando a Feira de Paiosaco.




Ós nenos e nenas de 2º e 3º de primaria representando ó sector servizos.



Ós maiores do cole, 5º e 6º de primaria, disfrazados de castrexos.




Algúns mestres, convertidos en monxes do Mosteiro de Soandres!


E para rematar este magnífico día....
Actuación do Mago Paco!


miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro. Para iso elaboramos un mural conxunto entre os nenos e nenas de todos os cursos, onde "sementamos" poemas e pensamentos da escritora. Cada grupo tiña que decorar os pétalos dunha flor a partir desta idea.



Despois de engadir todas as flores ó noso mural... 
Este foi o resultado!










lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da Paz no cole, creando entre todos esta pomba tan bonita na que está reprensentado o noso concello.











Logo bailamos todos xuntos no patio ó ritmo de "Hombres G" a canción "¿Por qué no ser amigos?"

viernes, 28 de enero de 2022

CONTOS SOBRE A PAZ

 Estes días, os nenos e nenas de Infantil puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos a cargo de algúns alumnos e alumnas de 5º de primaria. Contos sobre a PAZ!






martes, 21 de diciembre de 2021

BO NADAL!

 Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal, e para celebralo, os alumnos de 5º e 6º de primaria pasaron polas aulas cantando panxoliñas.




Logo, todos o nenos e nenas do cole desfrutamos do tradicional biscoito con chocolate!











E para rematar un día xenial, marchamos ó Centro Cultural da Laracha a ver unha obra teatral: "Os Tres Porquiños"



Sorpresa!
Papá Noel agardábanos á saída. Que ilusión!



De volta no cole e antes de marchar para casiña, tivo lugar a entrega de premios do noso concurso de Postais de Nadal.
Noraboa a Raúl (5º primaria), Osama (5º primaria) e Alexandra (6º Infantil)!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...