Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal, e para celebralo, os alumnos de 5º e 6º de primaria pasaron polas aulas cantando panxoliñas.
Logo, todos o nenos e nenas do cole desfrutamos do tradicional biscoito con chocolate!
E para rematar un día xenial, marchamos ó Centro Cultural da Laracha a ver unha obra teatral: "Os Tres Porquiños"
Sorpresa!
Papá Noel agardábanos á saída. Que ilusión!
De volta no cole e antes de marchar para casiña, tivo lugar a entrega de premios do noso concurso de Postais de Nadal.
Noraboa a Raúl (5º primaria), Osama (5º primaria) e Alexandra (6º Infantil)!
No hay comentarios:
Publicar un comentario