lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da Paz no cole, creando entre todos esta pomba tan bonita na que está reprensentado o noso concello.











Logo bailamos todos xuntos no patio ó ritmo de "Hombres G" a canción "¿Por qué no ser amigos?"

viernes, 28 de enero de 2022

CONTOS SOBRE A PAZ

 Estes días, os nenos e nenas de Infantil puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos a cargo de algúns alumnos e alumnas de 5º de primaria. Contos sobre a PAZ!






martes, 21 de diciembre de 2021

BO NADAL!

 Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal, e para celebralo, os alumnos de 5º e 6º de primaria pasaron polas aulas cantando panxoliñas.




Logo, todos o nenos e nenas do cole desfrutamos do tradicional biscoito con chocolate!











E para rematar un día xenial, marchamos ó Centro Cultural da Laracha a ver unha obra teatral: "Os Tres Porquiños"



Sorpresa!
Papá Noel agardábanos á saída. Que ilusión!



De volta no cole e antes de marchar para casiña, tivo lugar a entrega de premios do noso concurso de Postais de Nadal.
Noraboa a Raúl (5º primaria), Osama (5º primaria) e Alexandra (6º Infantil)!

miércoles, 24 de noviembre de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENÉRO

 Hoxe conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Todos os nenos e nenas do cole participamos na elaboración dun mural xigante cun montón de mensaxes nas que expresamos as cousas que non nos gustan e non queremos para o noso mundo.
















miércoles, 10 de noviembre de 2021

MAGOSTO!

Celebramos o Magosto no cole!

Fixo tan bo día que puidemos desfrutar da nosa habitual merenda de castañas asadas ó aire libre.

Moitas grazas ás familias polas súas aportacións!

Despois, organizados por clases, divertímonos cunha serie de xogos tradicionais.















DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...