Hoxe celebramos o Día da Paz no cole. Na hora de ler reunímonos profes, nenos e nenas na biblioteca para ver e escoitar un conto moi especial: "Sadako y las mil grullas de papel". Coñecimos a historia de Sadako, unha nena que vive unha guerra e enferma como consecuencia. Ingresada no hospital, mantén unha actitude positiva e se entretén facendo grullas de papel. Estas grullas convertéronse despois nun símbolo de Paz e Solidariedade.
viernes, 31 de enero de 2025
DÍA DA PAZ!
viernes, 20 de diciembre de 2024
BO NADAL!
Hoxe celebramos o Nadal no cole!
Por iso ben cedo, todos os nenos e nenas do centro e tamén profes, reunímonos na biblioteca. Alí cantamos e bailamos panxoliñas. Cada curso preparou unha actuación da que desfrutamos todos os demais.
Abigail (1º de primaria). Estivo maliña e recollerá o seu premio á volta das vacacións de Nadal.
Para merendar desfrutamos dun rico chocolate con biscoito!
martes, 3 de diciembre de 2024
DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe, 3 de decembro, foi o Día das Persoas con Discapacidade. Por iso, todos os nenos e nenas do cole fixemos un pequeno acto na biblioteca.
Cada clase, preparou un cartel xigante con imaxes, frases, debuxos... en torno a unha discapacidade concreta. Despois expuxo o seu traballo ós demais, para que todos coñezamos mellor as discapacidades que nos rodean e consigamos construír un mundo máis inclusivo, que abrace a diversidade.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...
-
Hoxe conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero, que é mañá (25 de novembro). Comezamos a xornada reuníndonos na biblioteca todos os ne...
-
Mércores, 24 de febreiro de 2021 ESTE MÉRCORES 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO O DÍA DE ROS...
-
O mandadiño do xoves, permitiunos vir disfrazados do que nos apetecera. Así de guapos e guapas chegamos ó cole! E por fin chegou o gran día....



















































