viernes, 31 de enero de 2025

DÍA DA PAZ!

 Hoxe celebramos o Día da Paz no cole. Na hora de ler reunímonos profes, nenos e nenas na biblioteca para ver e escoitar un conto moi especial: "Sadako y las mil grullas de papel". Coñecimos a historia de Sadako, unha nena que vive unha guerra e enferma como consecuencia. Ingresada no hospital, mantén unha actitude positiva e se entretén facendo grullas de papel. Estas grullas convertéronse despois nun símbolo de Paz e Solidariedade.



No noso cole, cambiamos grullas por "paxariñas" en honor a Sadaco e a Paz no mundo, e organizamos varios obradoiros de creación e decoración de "paxariñas de papel. Os nenos maiores do cole repartíronse polas aulas dos máis pequenos para esta actividade e isto deu lugar a un moi bo traballo en equipo!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO E SAMAÍN!

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no cole! Gracias á colaboración das familias, adornamos os corredores do centro con estas cabazas tan c...