viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Tamén foi o día que escolleu Firura (a trasna da biblioteca do cole) para presentar a temática do proxecto que se traballa no centro durante todo o curso. Este ano tocou adentrarse no mundo da Sostibilidade Medioambiental.

Cando chegamos ó cole atopámonos ós profes ben "floreados" e cun agasallo que Firuca lles deixou para nós: Un lapis máxico! Despois de empregalo, poderemos plantalo en terra e del nacerá unha planta.








Despois do recreo tivo lugar a inauguración da nosa biblioteca e nela reunímonos todos os nenos, nenas e profes do centro. 


Escoitamos xuntos unha mensaxe de Firuca na que nos explicaba todo o que imos aprender este curso sobre a Sostibilidade.





Tamén vimos un pequeno vídeo sobre o coidado do Medioambiente e escoitamos a algúns compañeiros que nos contaron cousiñas interesantes sobre o tema.



E para rematar o acto, os nenos e nenas maiores do cole (6º de primaria) fixéronnos pasar un bo rato cunha pequena representación de teatro lido: "O Cogomelo Agarico".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAGOSTO E SAMAÍN!

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no cole! Gracias á colaboración das familias, adornamos os corredores do centro con estas cabazas tan c...