viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ!

 Este ano, para conmemorar o Día da Paz, reunímonos na biblioteca profes, nenos e nenas.

Comezamos presentando tres dos obxectivos para lograr a Sostibilidade, e que podemos relacionar tamén co noso desexo de Paz. Neste sentido, comprometémonos a aportar o noso gran de area para lograr tanto a Sostibilidade como a Paz no mundo, organizando unha Carreira Solidaria da man de Save de Children.



 Despois desfrutamos da lectura dun conto: "Fronteiras de Papel", que nos fala da migración forzosa que miles de persoas teñen que facer, e do duro das súas viaxes...



E chegou o momento de correr pola Paz!


















viernes, 19 de diciembre de 2025

BO NADAL!

Este ano, para celebrar a chegada do Nadal, fixemos unha pequena excursión ó Centro Social da Laracha, onde desfrutamos dunha bonita obra teatral: "A nena que quería navegar".


Menuda sorpresa cando ó rematar a obra entrou en escena o mismísimo Papá Noel! Puidemos falar con el un anaquiño e contarlle os nosos desexos...





E o último día de clase tivo lugar o noso esperadísimo Festival de Nadal!

Con este Festival, ademais de facer disfrutar a grandes e pequenos, quixemos chamar á solidaridade e organizar unha pequena recollida de alimentos para tanta xente que o necesita...


E aquí nos tedes cantando panxoliñas, bailando e interpretando obras teatrais con temática navideña.

Que artistas!


3 anos


4 anos


5 anos


1º Primaria

2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria

Despois, como é tradición e porque o tiñamos máis que merecido, rica merenda de chocolate e biscoito!







Este día especial rematou coa entrega de premios as mellores postais navideñas.

Alejandro (6º de primaria)

Ana (3º de primaria)

Guilherme (1º de primaria)

Manuela (5º Infantil) 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...