lunes, 10 de marzo de 2025

DÍA DA MULLER

 Para conmemorar este día reunímonos na biblioteca do cole onde coñecemos a importantes mulleres dos anos 80, temática que ocupa o noso proxecto de centro deste ano.

Cada clase fixo un pequeno exercicio de investigación sobre algunhas das mulleres máis relevantes desta época. Logo plasmou a información máis importante nunha cartulina e presentou o seu traballo ó resto de nenos e nenas do cole.










Despois deste pequeno acto, montamos un mural con todos os traballos no corredor do cole.










viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO!

 Canto disfrutamos do entroido cumplindo os mandadiños!







E despois de tanto mandadiño... Chegou o gran día.
Festival de Entroido!
Nenos, nenas, profes e familias, puideron disfrutar dun montón de actuacións...

Os Pitufos
4º de Infantil

Grupo Parchís
5º de Infantil

Os Picapedra
6º de Infantil

David o Gnomo
1º Ciclo de Primaria


Os Cazapantasmas
2º Ciclo de Primaria


Coñecemos a cultura musical de México e Galicia nos anos 80, da man do 3º Ciclo de Primaria!


E para rematar... baile sorpresa dos profes caracterizados da "Bruxa Avería"!


Como non podía ser doutro xeito, ó rematar a función... Chocolate con rosquillas para todos.
Tiñámolo ben merecido!








lunes, 24 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do terceiro ciclo de primaria, ofreceu unha presentación na biblioteca sobre a vida e obra da autora.






Ademais para este día, cada neno e nena do cole escribiu e decorou unha postaliña para facer un intercambio.



Todas as postais mesturáronse nunha caixa e hoxe, ó rematar o acto, cada alumno puido coller unha ó azar e levala para casa como recordo deste día.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...