viernes, 20 de diciembre de 2024

BO NADAL!

 Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Por iso ben cedo, todos os nenos e nenas do centro e tamén profes, reunímonos na biblioteca. Alí cantamos e bailamos panxoliñas. Cada curso preparou unha actuación da que desfrutamos todos os demais.

3 anos

4 anos

5 anos

1º primaria

2º primaria

3º primaria

4º primaria

5º primaria

6º primaria



Despois, como é tradición, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Postais Navideñas. Estes foron os gañadores!

Iker (5º de primaria)

Uxía (2º de primaria)

Abigail (1º de primaria). Estivo maliña e recollerá o seu premio á volta das vacacións de Nadal.

Sofía (5º de Infantil)


Para merendar desfrutamos dun rico chocolate con biscoito!









E para rematar este día tan especial, rimos e nos ilusionamos coa actuación do Mago Alberte!




martes, 3 de diciembre de 2024

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, 3 de decembro, foi o Día das Persoas con Discapacidade. Por iso, todos os nenos e nenas do cole fixemos un pequeno acto na biblioteca.

Cada clase, preparou un cartel xigante con imaxes, frases, debuxos... en torno a unha discapacidade concreta. Despois expuxo o seu traballo ós demais, para que todos coñezamos mellor as discapacidades que nos rodean e consigamos construír un mundo máis inclusivo, que abrace a diversidade.








lunes, 25 de noviembre de 2024

NON, Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 Hoxe, 25 de novembro, é o Día contra a Violencia de Xénero. No cole quixemos conmemorar este día escoitando un manifesto dos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

Logo, cantamos todos xuntos unha bonita canción que fai reflexionar sobre o valor da igualdade e o respecto: "Depende de los dos"

Cada clase preparou unha pequena bandeiriña cunha das palabras da canción: Fuerte, Valiente, Inteligente, Feliz, Alegre, Independiente... E levantando as bandeiras cando nos tocaba, bailamos e cantamos todos xuntos a canción!




Despois colocamos as bandeiras todas xuntas para adornar a entrada do colexio.






Ademais, o alumnado de infantil tivo a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos ofertada polo Concello: "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"

martes, 29 de octubre de 2024

MAGOSTO E SAMAÍN!

 Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín!

Grazas á fabulosa colaboración das familias deixamos o cole así de chulo! Un montón de cabazas "ochenteras" adornaban os corredores...











E aquí nos tedes a nós, vestidos para a ocasión!










Como todos os anos, tocou atravesar o "Túnel do Medo"...







Para repoñerse do susto... Ricas castañas de 
merenda!






E como é tradición, rematamos o día coa entrega de premios do concurso de cabazas.


Os gañadores:
Andrea (2º de primaria), coa cabaza máis terrorífica
Guilherme (6º de Infantil), coa cabaza máis orixinal.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...