jueves, 18 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 Hoxe conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas, dedicado a Francisco Fernández del Riego. Reunímonos na biblioteca do cole para desfrutar de varias actuacións nas que cantamos, tocamos e bailamos algunhas pezas galegas.




 









Despois da merenda e do recreo, participamos nun xogo de pistas con preguntas sobre o autor homenaxeado.
Todos os nenos e nenas do centro repartímonos en grupos mixtos mesturando idades e pasámolo moi ben buscando as pistas por todo o cole!









lunes, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

  Para conmemorar o "Día do Libro" organizamos un pequeno mercadiño de libros na biblioteca do cole.

 Todos os nenos e nenas do centro puideron visitalo e levar un libro de agasallo!




















  Despois do recreo na hora de ler, o alumnado maior do cole (5º e 6º de primaria) repartiuse polas aulas para contarnos un conto.

Que ben o fixeron. Moitas grazas rapaces!



miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

 Para conmemorar este día especial desfrutamos dunha sesión de contacontos na biblioteca do cole, co obxectivo desmontar estereotipos e roles de xénero e camiñar cara a igualdade.



viernes, 24 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe celebramos o "Día de Rosalía de Castro". Reunímonos na biblioteca para comezar escoitando ó alumnado de 6º de primaria, que nos contou algo da vida e obra desta escritora galega. Despois, o resto de cursos, leron algúns dos seus poemas.









E aquí podedes ver o mural que fixemos entre todos os nenos e nenas do cole sobre esta gran escritora.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...