miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

 Para conmemorar este día especial desfrutamos dunha sesión de contacontos na biblioteca do cole, co obxectivo desmontar estereotipos e roles de xénero e camiñar cara a igualdade.



viernes, 24 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe celebramos o "Día de Rosalía de Castro". Reunímonos na biblioteca para comezar escoitando ó alumnado de 6º de primaria, que nos contou algo da vida e obra desta escritora galega. Despois, o resto de cursos, leron algúns dos seus poemas.









E aquí podedes ver o mural que fixemos entre todos os nenos e nenas do cole sobre esta gran escritora.


viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO!

O mandadiño do xoves, permitiunos vir disfrazados do que nos apetecera.

Así de guapos e guapas chegamos ó cole!






E por fin chegou o gran día...
Festival de Entroido coas nosas estupendas actuacións!
Baixo o lema "En forma con Firuca", convertémonos en doctores e grandes deportistas.

4º INFANTIL

5º INFANTIL

6º INFANTIL

1º CICLO DE PRIMARIA

2º CICLO DE PRIMARIA

3º CICLO DE PRIMARIA











lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ!

Para conmemorar este día, todos os nenos e nenas do cole construímos con cantos rodados pintados de branco, unha xigantesca pomba da paz.











Logo, escoitamos e acompañamos ós nenos de 5º e 6º de primaria que cantaron unha fermosa versión en galego do tema "Imagine" de John Lennon.

jueves, 22 de diciembre de 2022

BO NADAL!

Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Comezamos a xornada desfrutando dunha serie de actuacións onde os nenos e nenas cantaron as súas panxoliñas.

Coma sempre, o alumnado de 6º de primaria, foi o encargado de presentar.

4º Infantil


1º Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria

Despois das actuacións, tivo lugar a entrega de premios do concurso de postais navideñas.






Logo, un descansiño para repoñer enerxías. Que rico o biscoito con chocolate!












E para rematar o día... un pouquiño de MAXIA co Mago Paco!




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...