lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ!

Para conmemorar este día, todos os nenos e nenas do cole construímos con cantos rodados pintados de branco, unha xigantesca pomba da paz.











Logo, escoitamos e acompañamos ós nenos de 5º e 6º de primaria que cantaron unha fermosa versión en galego do tema "Imagine" de John Lennon.

jueves, 22 de diciembre de 2022

BO NADAL!

Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Comezamos a xornada desfrutando dunha serie de actuacións onde os nenos e nenas cantaron as súas panxoliñas.

Coma sempre, o alumnado de 6º de primaria, foi o encargado de presentar.

4º Infantil


1º Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria

Despois das actuacións, tivo lugar a entrega de premios do concurso de postais navideñas.






Logo, un descansiño para repoñer enerxías. Que rico o biscoito con chocolate!












E para rematar o día... un pouquiño de MAXIA co Mago Paco!




lunes, 5 de diciembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Para conmemorar este día especial, demos cor ó noso cole con estes paraugas tan chulos decorados por nós mesmos!



Despois todos xuntos na biblioteca, desfrutamos e reflexionamos en grupo sobre a custometraxe "Cuerdas".

jueves, 24 de noviembre de 2022

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

 Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, os máis pequenos do cole desfrutaron dunha sesión de contos na biblioteca, os maiores levaron a cabo uns obradoiros relacionados co tema. Tanto os contos como os obradoiros, estaban pensados para fomentar valores como o respecto e a igualdade.


As 12.00 h, un minuto de silencio en honra a todas as víctimas de violencia de xénero...

E aquí tedes o mural tan chulo que preparamos entre todos os nenos e nenas do cole decorando e recortando plumas de cartulina. Con elas construímos unhas ás para voar lonxe da violencia...





DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...