miércoles, 19 de mayo de 2021

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS

Como xa sabedes, o pasado 17 de maio conmemorouse o día das Letras Galegas.
Xa que o 17 non tivemos cole e o 18 os maoires do cole tiñan unha actividade de surf, no Alfredo Brañas celebramos esta data tan importante o mércores 19.

Estivemos varios días coñecendo un pouco a obra de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano. 

O mércores, decoramos entre todos, un gran mural coa imaxe de Xela e as rimas e poemas que inventaron os nosos nenos e nenas baixo o lema ¡Nos tamén somos Xela! Con tanta creatividade quedaron uns poemas xeniais!

Xa que o proxecto deste ano é o arte puxemos a imaxe de Xela ao estilo de Andy Wharhol. O resultado foi xenial!




Por último, seguindo as pautas de actuación deste curso, salimos en grupos ao patio a escoitar o ercitado de poemas do alumnado de terceiro ciclo de primaria e os nenos de 6º de educación infantil.
Qué ben o fixeron!












viernes, 23 de abril de 2021

 SEMANA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO (23 abril 2021)

EMOLIBROS💕

Con motivo da conmemoración da semana do día do libro, cada aula realizou o seu propio libro.

O tema foron as emocións, así que púxemonos a crear os nosos emolibros. O resultado non pudo ser mellor!

















Pinchade aqui se queredes ver completos os nosos emolibros :


Na clase de plástica tamén creamos o cubo das emocións, mirade que bonitos!











martes, 20 de abril de 2021


SEMANA DO LIBRO

CONTACONTOS

ESTEFANÍA PADULLÉS

     O día 19 de abril, para comezar a semana do DÍA DO LIBRO , contamos coa visita da escritora ESTEFANÍA PADULLÉS, que nos realizou unha sesión de contacontos. 


























Gustounos moito e ademais como agasallo, fíxonos estes debuxos que agora adornan os corredores do cole!



lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 DÍA DA POESÍA (21 de marzo)

Este ano, para conmemorar o día da poesía, os nenos de 5º de primaria, convertéronse en poetas e poetisas e elaboraron un recuncho poético coas súas creacións. Sodes uns artistas!







lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER (8 DE MARZO)

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA


Este luns celebrouse o día da muller. Para conmemoralo, os corredores do cole enchéronse desde a semana pasada, de imaxes de grandes mulleres que conseguiron grandes logros ao longo da historia. Nos carteis debiamos opinar quen lograra diferentes cousas, elixindo entre a imaxe dun home e unha muller. Moitas das respostas van sorprender!!

Todos estes carteis foron encuadernados , facendo así un libro  que pasará a formar parte da nosa biblioteca.




Por último repartimos uns
marcapáxinas coa nosa Firuca e a foto de grandes mulleres que fixeron historia!




jueves, 25 de febrero de 2021

 

Mércores, 24 de febreiro de 2021

  ESTE MÉRCORES 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

                            
 
As/os nosas/os alumnas/os fixeron uns recitais cos poemas máis coñecidos da nosa autora 
 
 
Pincha aquí para ver unhas fotiños 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...