martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o Día do Libro organizouse un pequeno "Mercadiño de Libros" na biblioteca do cole. Todos os nenos e nenas puideron visitalo e levar dous libros e unha rosa de agasallo!
















Despois do recreo, os nenos e nenas do primeiro ciclo deleitáronnos cunha exposición onde nos contaron cousiñas sobre o Día do Libro e nos fixeron recomendacións a ter en conta para as nosas futuras lecturas.
Grazas rapaces!



jueves, 21 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

 Para conmemorar o Día da Poesía e a chegada da primavera, reunímonos todos no xardín do cole e plantamos nel unha nova árbore. Logo, desfrutamos dun recital de poemas!















viernes, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER

Para conmemorar este día reunímonos na biblioteca do cole onde coñecemos a importantes mulleres na historia do cine, temática que ocupa o noso proxecto deste ano.



Cada ciclo encargouse de presentar a unha destas grandes mulleres: Halle Baley, Marlene Dietrich, Geena Davis, Sigourney Weaber...





viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe celebramos no cole o Dia de Rosalía de Castro. Reunímonos todos os nenos, nenas e profes na biblioteca para recitar xuntos un poema desta famosa autora: "Parece unha rosa".












DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...