viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO!

Divertida semana de Entroido cumprindo os mandadiños!

Luns: "Para un entroido de cine celebrar, unha boina de director/a terás que usar"








Martes: "Para a alfombra vermella cruzar, as túas mellores galas no pescozo has de levar"




Mércores: "Antes da gran actuación, maquíllate para a ocasión"




Xoves: Disfraz libre!










E o venres... Día da gran actuación.
Un día de cine!
Un montón de personaxes de películas...











E aquí nos tedes repoñendo enerxías co noso tradicional chocolate con rosquillas.
Que rico!












martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA PAZ!

 Hoxe foi o Día da Paz e para celebralo preparamos entre todos unha "Receita de Paz"!

Cada clase encargouse elaborar e aportar un valioso ingrediente: amor, sorrisos, perdón, paciencia, calma, respecto, esperanza, empatía e solidariedade.






Para rematar cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Una receta de paz".

Un pequeno vídeo do momento:

miércoles, 20 de diciembre de 2023

BO NADAL!

Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Comezamos o día desfrutando de varias actuacións que se levaron a cabo na biblioteca. Os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron cancións navideñas. O alumnado de primaria, interpretou e entonou diversas pezas musicais e panxoliñas.

5º Infantil

6º Infantil

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

Despois houbo entrega de premios polo concurso de postais navideñas.
Román (6º primaria) foi o gañador. E como finalistas temos que nomear a Noa (5º primaria), Valentina (3º primaria) e Mateo (4º infantil). Este último, que non puido vir,  representado pola súa titora.


Para rematar este día de celebración viaxamos a Laracha para desfrutar dunha obra teatral que nos encantou: "Pinoccio".




A saída agardábanos unha sorpresa... A visita de Papá Noel!
Que repartiu caramelos a todos os nenos e nenas.


lunes, 4 de diciembre de 2023

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  Onte (3 de decembro) foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por iso hoxe fixemos un pequeno acto na biblioteca do cole. Alí reunímonos todos os nenos e nenas do centro para escoitar unhas palabras e un pequeno poema que recitaron algúns alumnos e alumnas de primaria.

Despois, ó ritmo da canción de Alaska: "A quien le importa lo que yo haga, a quien le importa lo que yo diga..." bailamos todos xuntos cunhas gafas postas, as "gafas da inclusión", coa esperanza de que nos fagan respectar e ter en conta a diversidade.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...