martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  Hoxe foi o Dia das Bibliotecas Escolares, e tamén o día que elexiu Firuca (a trasna da nosa biblio) para contarnos cal vai ser o tema do proxecto deste curso.

Este ano toca coñecer a sétima arte... "O Cine"!


Por iso hoxe ó chegar ó cole atopámonos cunha sorpresa. Todos os profes convertidos en verdadeiros actores e actrices! Non faltaban tampouco a directora, a cámara, a claquetista...




Os nenos e nenas tivemos a honra de pisar unha auténtica alfombra vermella para entrar nas clases, e subir por unhas escaleiras adornadas coas nosas fotos en estrelas. Como o auténtico Paseo da Fama de Hollywood!






En cada clase proxectouse o vídeo coa mensaxe da nosa amiga Firuca, explicándonos todo o que imos aprender este ano sobre "O Cine".



Despois do recreo tivo lugar a inauguración da nosa biblio. Nela reunímonos todos os nenos, as nenas e os profes do centro; e o alumnado de 6º leunos a carta de Firuca.



Vimos un pequeno vídeo sobre os irmáns Lumiere, cos que naceu o cine. E unha curta de Mickey e branco e negro, a primeira que produciu Walt Disney.



Despois coñecemos os axudantes bibliotecarios deste curso!


E para rematar, Firuca regalounos uns bonitos marcapáxinas que puidemos levar para casa.
Grazas Firuca!


Silencio, cámara... Acción!










jueves, 18 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 Hoxe conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas, dedicado a Francisco Fernández del Riego. Reunímonos na biblioteca do cole para desfrutar de varias actuacións nas que cantamos, tocamos e bailamos algunhas pezas galegas.




 









Despois da merenda e do recreo, participamos nun xogo de pistas con preguntas sobre o autor homenaxeado.
Todos os nenos e nenas do centro repartímonos en grupos mixtos mesturando idades e pasámolo moi ben buscando as pistas por todo o cole!









lunes, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

  Para conmemorar o "Día do Libro" organizamos un pequeno mercadiño de libros na biblioteca do cole.

 Todos os nenos e nenas do centro puideron visitalo e levar un libro de agasallo!




















  Despois do recreo na hora de ler, o alumnado maior do cole (5º e 6º de primaria) repartiuse polas aulas para contarnos un conto.

Que ben o fixeron. Moitas grazas rapaces!



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano adicóuselle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Para conmemoralo, o alumnado de 6º de primaria fixo unha presentación na bi...