martes, 29 de octubre de 2024

MAGOSTO E SAMAÍN!

 Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín!

Grazas á fabulosa colaboración das familias deixamos o cole así de chulo! Un montón de cabazas "ochenteras" adornaban os corredores...











E aquí nos tedes a nós, vestidos para a ocasión!










Como todos os anos, tocou atravesar o "Túnel do Medo"...







Para repoñerse do susto... Ricas castañas de 
merenda!






E como é tradición, rematamos o día coa entrega de premios do concurso de cabazas.


Os gañadores:
Andrea (2º de primaria), coa cabaza máis terrorífica
Guilherme (6º de Infantil), coa cabaza máis orixinal.

jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe foi o Día das Bibliotecas Escolares. Firuca (a trasna da nosa biblio) sempre elixe este día para presentarnos o tema do proxecto que o cole traballa en común durante todo o curso. Este ano, en homenaxe ós 40 anos que cumple o centro (inaugurouse no 1985), imos coñecer...
"Os anos 80"
Aquí tedes unha Firuca ben "Ochentera"


Por todo isto hoxe ó chegar ó cole atopámonos cunha sorpresa... Os profes convertidos en deportistas dos anos 80!




Ademais as paredes das escaleiras estaban decoradas con banderíns e unha exposición chulísima de fotografías da época. Puidemos ver cales eran os xogos e xoguetes daqueles tempos, os debuxos animados e programas que se emitían, os libros, a moda, a música, as profesións...







Despois do recreo tivo lugar a inauguración da nosa biblioteca e nela reunímonos todos os nenos, nenas e profes do centro.


Primeiro escoitamos xuntos a mensaxe que todos os anos nos envía Firuca para presentar o tema do proxecto que nos ocupará durante o curso: "Os anos 80".



Logo vimos un pequeno vídeo explicativo da época e outro con cancións e debuxos daqueles tempos...



Por último, coñecemos ós axundantes bibliotecarios deste curso!

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, 3 de decembro, foi o Día das Persoas con Discapacidade. Por iso, todos os nenos e nenas do cole fixemos un pequeno acto na biblioteca...