jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Hoxe conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luisa Villalta.

Reunímonos na biblioteca, que por certo, adornamos para a ocasión cun montón de bandeiriñas que nós mesmos decoramos con debuxos e palabras en galego.





Os nenos e nenas máis grandes do cole (6º de primaria) presentaron unha pequena exposición coa que coñecemos datos interesantes sobre a autora homenaxeada e a súa obra.




Despois, desfrutamos da música da nosa terra. Algúns grupos tocaron, cantaron e interpretaron pezas populares.

MAGOSTO E SAMAÍN!

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no cole! Gracias á colaboración das familias, adornamos os corredores do centro con estas cabazas tan c...