Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria, fixo unha pequena exposición na biblioteca coa que nos demostrou o vinculados que están moitos poemas desta autora ás plantas e a natureza.
Despois escoitamos xuntos un poema que gravamos entre todos os nenos e nenas do cole: "Nacín cando as plantas nacen" de Rosalía de Castro.
Inmersos na temática do noso proxecto, a Sostibilidade Medioambiental, coñecemos varias das plantas e flores que Rosalía nomea nos seus poemas. E entre todos os nenos e nenas do cole creamos este bonito "Herbario de Rosalía" no que cada clase se encargou de dar a coñecer unha plantiña.






























