viernes, 20 de diciembre de 2024

BO NADAL!

 Hoxe celebramos o Nadal no cole!

Por iso ben cedo, todos os nenos e nenas do centro e tamén profes, reunímonos na biblioteca. Alí cantamos e bailamos panxoliñas. Cada curso preparou unha actuación da que desfrutamos todos os demais.

3 anos

4 anos

5 anos

1º primaria

2º primaria

3º primaria

4º primaria

5º primaria

6º primaria



Despois, como é tradición, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Postais Navideñas. Estes foron os gañadores!

Iker (5º de primaria)

Uxía (2º de primaria)

Abigail (1º de primaria). Estivo maliña e recollerá o seu premio á volta das vacacións de Nadal.

Sofía (5º de Infantil)


Para merendar desfrutamos dun rico chocolate con biscoito!









E para rematar este día tan especial, rimos e nos ilusionamos coa actuación do Mago Alberte!




martes, 3 de diciembre de 2024

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, 3 de decembro, foi o Día das Persoas con Discapacidade. Por iso, todos os nenos e nenas do cole fixemos un pequeno acto na biblioteca.

Cada clase, preparou un cartel xigante con imaxes, frases, debuxos... en torno a unha discapacidade concreta. Despois expuxo o seu traballo ós demais, para que todos coñezamos mellor as discapacidades que nos rodean e consigamos construír un mundo máis inclusivo, que abrace a diversidade.








DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Mañá é o Día das Letras Galegas, así que hoxe tocou celebralo no cole. Este ano, un día tan especial, está dedicado as nosas Cantareiras! R...