Hoxe foi o Dia das Bibliotecas Escolares, e tamén o día que elexiu Firuca (a trasna da nosa biblio) para contarnos cal vai ser o tema do proxecto deste curso.
Este ano toca coñecer a sétima arte... "O Cine"!
Por iso hoxe ó chegar ó cole atopámonos cunha sorpresa. Todos os profes convertidos en verdadeiros actores e actrices! Non faltaban tampouco a directora, a cámara, a claquetista...
Os nenos e nenas tivemos a honra de pisar unha auténtica alfombra vermella para entrar nas clases, e subir por unhas escaleiras adornadas coas nosas fotos en estrelas. Como o auténtico Paseo da Fama de Hollywood!
En cada clase proxectouse o vídeo coa mensaxe da nosa amiga Firuca, explicándonos todo o que imos aprender este ano sobre "O Cine".
Despois do recreo tivo lugar a inauguración da nosa biblio. Nela reunímonos todos os nenos, as nenas e os profes do centro; e o alumnado de 6º leunos a carta de Firuca.
Despois coñecemos os axudantes bibliotecarios deste curso!
E para rematar, Firuca regalounos uns bonitos marcapáxinas que puidemos levar para casa.
Grazas Firuca!