DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
XELA ARIAS
Como xa sabedes, o pasado 17 de maio conmemorouse o día das Letras Galegas.
Xa que o 17 non tivemos cole e o 18 os maoires do cole tiñan unha actividade de surf, no Alfredo Brañas celebramos esta data tan importante o mércores 19.
Estivemos varios días coñecendo un pouco a obra de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano.
O mércores, decoramos entre todos, un gran mural coa imaxe de Xela e as rimas e poemas que inventaron os nosos nenos e nenas baixo o lema ¡Nos tamén somos Xela! Con tanta creatividade quedaron uns poemas xeniais!
Xa que o proxecto deste ano é o arte puxemos a imaxe de Xela ao estilo de Andy Wharhol. O resultado foi xenial!
Por último, seguindo as pautas de actuación deste curso, salimos en grupos ao patio a escoitar o ercitado de poemas do alumnado de terceiro ciclo de primaria e os nenos de 6º de educación infantil.
Qué ben o fixeron!