lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria, fixo unha pequena exposición na biblioteca coa que nos demostrou o vinculados que están moitos poemas desta autora ás plantas e a natureza.


Despois escoitamos xuntos un poema que gravamos entre todos os nenos e nenas do cole: "Nacín cando as plantas nacen" de Rosalía de Castro.


Inmersos na temática do noso proxecto, a Sostibilidade Medioambiental, coñecemos varias das plantas e flores que Rosalía nomea nos seus poemas. E entre todos os nenos e nenas do cole creamos este bonito "Herbario de Rosalía" no que cada clase se encargou de dar a coñecer unha plantiña.


viernes, 13 de febrero de 2026

ENTROIDO!

 Comezamos o entroido coma sempre cumplindo os mandadiños!








E como colofón... O noso Desfile de Entroido!

Nenos, nenas, profes e familias disfrutaron deste gran día. Onde os animaliños do bosque, as árbores, os superheroes  do planeta, os guardiáns da natureza... Bailaron e e desfilaron para recordarnos que é posible un mundo máis sostible.


3 anos: Coelliños


4 anos: Esquíos



5 anos: Xabaríns



1º e 2º de  Primaria: Guardiáns do Bosque





3º e 4º de Primaria: Superheroes do planeta




5º e 6º de Primaria: Árbores





Os mestres!


E como non podía ser doutro xeito.... Chocolate con rosquillas para rematar este gran día!




viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ!

 Este ano, para conmemorar o Día da Paz, reunímonos na biblioteca profes, nenos e nenas.

Comezamos presentando tres dos obxectivos para lograr a Sostibilidade, e que podemos relacionar tamén co noso desexo de Paz. Neste sentido, comprometémonos a aportar o noso gran de area para lograr tanto a Sostibilidade como a Paz no mundo, organizando unha Carreira Solidaria da man de Save de Children.



 Despois desfrutamos da lectura dun conto: "Fronteiras de Papel", que nos fala da migración forzosa que miles de persoas teñen que facer, e do duro das súas viaxes...



E chegou o momento de correr pola Paz!


















DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria, fixo unha pequena exposición na biblioteca coa que nos...